Fai algún tempo xa fixera uns polos picantós asados onde indicaba o adobo, a base de herbas para asalos.
Ben para esta receita remítovos a través dun enlace a receita referida, e a maiores engadimos a confección da marmelada de tomate.
Necesitaremos:
2 polos picantós asados
Para a marmelada
500 grs de tomates cherry
2 culleradas de aceite de oliva
8 ceboliñas pequenas
2 dentes de allo
600 ml de vinagre de viño de Jerez
75 grs de azucar glass
Sal en escamas
Proceso da marmelada: nun cazo poñemos a quecer o aceite para saltear as ceboliñas partidas pola metade e os dentes de allo fileteados.
A continuación engadimos os tomates, partidos pola metade, sen pel (escaldalos para pelalos, é máis doado) e sen sementes. Engadir o vinagre, o azucre e a sal.
Deixámolo facer uns 15 minutos remexendo de vez en cando, ata que o líquido se evapore e estea confitado o conxunto.
Presentamos os picantós acompañados da marmelada.