Ir al contenido principal

Pastel de carne, requeixo e cabaza

Esta receita tiña apartada nun caixón media perdida e case que esquecida. Máis eses días atrás déronlle a miña dona unha estupenda cabaza e entón púxenme a rebuscar. Aí estaba, non podo citar de onde a saquei, sinto, nas miñas notas non figuraba a referencia.
Necesitaremos:
1 tomate
1 cebola picada
250 grs de carne de tenreira picada
250 grs de carne de porco picada
250 grs de requeixo
250 grs de queixo Philadelphia
1 xema
Queixo relado
Pirixel picado
1 kg de cabaza
1 culler pequena de pemento moido
Aceite, sal, pementa e noz moscada

Para o puré de cabaza, sacamos as sementes, pelamos e partimos en anacos. Poñémola a ferver en auga salgado ata que estea tenra. Escorregamos gran parte da auga da cocción e facemos un puré. Unha vez feito poñémolo a lume medio, remexendo de seguido, para que evapore o resto de auga que lle quedase.
O tempo que se fai o puré, imos picando a cebola, o tomate, sen pel e sementes, en anacos pequenos e facemos un rustrido o que incorporaremos as carnes picadas, salpimentamos e deixamos facer. Unha vez retirado do lume, engadimos a culler de pemento moido.
Nun recipiente axeitado, misturamos ben o requeixo, o queixo Philadelphia, a xema, o queixo relado, o pirixel picado, sal, pementa e noz moscada.
Nunha fonte que poida ir o forno, untámoslle manteiga, poñemos de base a preparación da carne, por riba a mistura dos queixos e rematamos co puré de cabaza; botamos por riba queixo relado e metemos no forno a gratinar.
Que aproveite.