Pilar imos con outro afrancesamento, que lle queres un ten as súas debilidades; "Ovos en olla con cogomelos e cabaciña".
Pero chamémoslle como lle chamemos están moi bos.
Segundo estou escribindo esta entrada, teño no lume unhas carrilleiras que se están a facer a lume brando, e que están despedindo un aroma que fai perder o sentido.
Ben, para o que nos ocupa usaremos (4 pax):
4 ovos ben frescos
4 culleradas de tona
1 cabaciña
100 grs de cogomelos
15 grs de manteiga
2 culleradas de aceite de oliva
2 beliscos de tomiño (se pode ser fresco)
2 beliscos de perexil picado
Sal, pementa e abelás (este último opcional)
Limpamos os cogomelos e cortamos en anacos se son grandes. Salteamos no aceite e cas herbas, deixamos que evaporen a súa auga.
Untamos catro moldes ca manteiga. Poñemos no fondo de cada un a cabaciña cortada en rodelas moi finas. Engadimos unha cullerada de tona en cada un. Repartimos os cogomelos por riba da tona.
Botamos en cada molde un ovo. Salpimentamos, poñemos nun baño maría, tapamos e poñemos no forno a 180º, non digo tempo, estarán cando se consigue o equilibrio entre a clara callada e que a xema non se coza.
Pódense repartir as abelás troceadas por riba. Servir quente.
Merece a pena intentalo.