Por fin rematamos O Camiño. O pasado día 18 fixemos o último tramo que nos restaba, un pequeno paseo de 4 quilómetros que nos levou ata a Catedral de Santiago. Despois da visita a Catedral, un paseo polo Franco, con un par de viños para o corpo, xantar e visita a Santo Domingo do Bonaval, o Museo do Pobo Galego. Unha vez rematado ata Santiago, un sente que non foi tempo perdido ese día ó mes que adicabamos a facelo, se non todo o contrario. Nestes primeiros meses do ano 2011, ata xuño, continuaremos a rematar O Camiño en Fisterra. Máis esa é outra historia que iremos contando.
Bo camiño, peregrino.
Bo camiño, peregrino.