Ir al contenido principal

Santola recheada

Dende hai algún tempo levo con ganas de publicar algunhas receitas que trouxen fai un par de anos de unhas vacacións no Algarve. Agrádanos cociña portuguesa, sempre que podemos dámonos unha pequena escapada ata alí.

4 bois pequenos acabados de cocer
Zume de medio limón
25 grs de cebola picada
2 culleradas de aceite
1 culleriña de tomiño seco
2 culleradas de perexil picado
150 ml de maionesa
1-2 culleradas de mostaza
Sal e pan relado


Procedemos da seguinte maneira:
Arrancamos as patas dos bois e sacámoslle a carne, separamos o corpo do cacho, e arrincamos as placas fixadas a o abdome e a tripa do boi. Con moita paciencia sacarlle a carne, tendo moito coidado de que non vallas pedazos de cartilaxe. Desfacer a carne e mesturar co zume de limón.
Cas mans recortar o cacho e lavalo.
Fritir a cebola ata que estea pochada, engadir a carne dos bois, o tomiño e o perexil, dar unha voltas e retirar do lume. Mesturar a maionesa e a mostaza, debe presentar unha consistencia suave e incorporar a mestura da carne dos bois.
Encher os cachos, cubrir co pan relado e colocar no gratinador do forno ata que doure o pan.
Pódese acompañar de pan para untar.