Ir al contenido principal

Purrusalda

Por estas datas, máis ou menos, arranquei con esta aventura do blog e doume conta de que non puxen ningunha receita de culler. Como estamos a chegar a un tempo que xa empezan a apetecer imos aló con ela. Empezarei con unha purrusalda.

Para un litro de caldo necesitaremos:

1 cebola
2 cenaorias
3 porros xeitoso
3 boas patacas
1 litro de caldo (vexetal ou de carne, ao gusto)
Aceite e sal

Picamos a cebola e poñémola a pochar a lume moderado. Mentras picamos as cenorias en dados, as patacas en cadrados e os porros en anacos de uns 3 cms.
Cando a cebola está no seu punto, sen que chegue a dourar, engadimos o resto dos ingredientes, refogamos e cubrimos co caldo elixido. Sazonamos e deixamos facer uns 30 minutos. Si é do gusto, minutos antes de rematar, pódeselle engadir un pouco de bacallau desmigado.
A disfrutalo na mesa.