Ir al contenido principal

Papillote de bacallau

Nesta nova tempada, na que entramos xa de cheo, vou a traballar un pouco máis o bacallau; sen saír da tradición imos a ver si somos capaces de presentalo de algún xeito distinto. Temos moito tempo para ilo vendo.
Hoxe farémolo de un xeito moi sinxelo e rápido.
Imos a necesitar:
4 lombos de bacallau desalado (200 grs aprox.)
Uns pistilos de azafrán
2 copas de viño semidulce
Perexil picado groso
100 grs de manteiga
3 ceboletas frescas
Pementa

Prendemos o forno a 250 º.
Poñemos o viño nunha cunca, engadimos o azafrán e deixamos infusionar un pedazo.
Cortamos 4 pedazos de papel sulfurizado (papel de forno) de tamaño suficiente que se poida dobrar e facer unha bolsa co bacallau dentro.
Repártese o perexil nos catro papeis, poñemos por riba os pedazos de bacallao, a manteiga en dados por riba do bacallao e votámoslle pementa.
Cortamos as ceboletas en plumas e poñemos por riba regamos co viño infusionado e pechamos os paquetes de maneira que non saia o vapor para afora.
Se queredes podedes poñer en cada paquete un par de mexillóns ven limpos de barbas para que se abran dentro do paquete.
Poñemos os paquetes no forno uns 10 ou 13 minutos ata que as bolsas se inflen.
Sérvense de seguida e que cada comensal abra a súa bolsa.
Delicioso.