Ir al contenido principal

Milfollas de pementos patacas e ovos

Sábado día con tempo para facer algo na cociña. Vamos a traballar algo moi sinxelo con patacas e ovos.
As medias dos ingredientes faranas o número de comensais.

Patacas
Cebola
Ovos
Pemento roxo
Pemento amarelo
Sal maldon
Aceite

Untamos os pementos en aceite e asámolos no forno segundo usos e costumes. Deixámolos arrefriar tapados para que a tarefa de pelado sexa máis doada. Cortamos en tiras e misturamos co zume do asado.
O mesmo tempo imos facendo unhas patacas panadeira ca súa cebola e deixándoas a lume moderado para que case se confiten. O final podémoslle arrear un golpe de lume forte, para que collan unha cor dourada.
Fritimos os ovos e procedemos a montar o milfollas.
Con un molde poñemos unha capa de patacas, capa de pementos, capa de patacas e o ovo. En cada capa salgamos con sal maldon.
Espectacular de sabor.