Ir al contenido principal

Inauguración Festival de Cine de Ourense

Onte a noite, no Auditorium de Ourense, tivo lugar a inauguración do Festival de Cine da nosa Cidade (OURENSE).
A película que se proxectou foi "18 comidas" de Jorge Coria, ca presencia de Luis Tosar, actor case que imprescindible dentro do cine nacional, en película que se precie e queira ter transcendencia. A máis do director e elenco de actores, os políticos de turno, personaxillos varios a saír na foto e o resto dos mortais que tivemos a fortuna (ou un bo amigo) de conseguir unha invitación.
Foi toda unha primicia ver a Luis Tosar no escenario enganchado a unha guitarra e cantando a canción da película, acompañado de compositor. Fixérono dignamente.
A película gustoume.