Ir al contenido principal

De Castañeda a Santa Irene

Este sábado cumprimos unha etapa máis do Camiño, xa estamos preto da meta, soamente 21 quilómetros.
As previsións de chuvia era realmente malas, máis foi respetuosa cos camiñantes e non fixo aparición.
O que si nos acompañou toda a mañá foi a néboa e unha humidade moi alta.
É unha etapa moi agradable de facer, pois non toca o asfalto. E un percorrido entre castiñeiros e carballos, amén de eucaliptos sempre omnipresentes.
As cores ocres do outono empezan a facer acto de presenza, máis, por mor do cambio climático que padecemos (igual os soa algún negacionista agora metido a todo o contrario e contratado por unha petroleira) o cambio estacional aínda nos se atopa en todo o seu esplendor, máis asoma de maneira imparable.
Non foi unha xornada espléndida para a fotografía, pero fíxose o que se pudo.
As estas alturas do ano xa empezan a baixar o nivel de peregrinos, pero aínda se atopa con quen botar unha parrafada.