Ir al contenido principal

Crema de cabaza

Xa que estamos a piques de celebrar o Samaín, que non "jalogüen" que proven do Saman irlandés, pero esa é outra historia, imos a usar a cabaza; pero non para facerlle uns buratos e poñer un unha vela dentro, se non para comela.
Necesitaremos:
1/2 litro de caldo de verduras
2 porros medianos
2 patacas
1/2 quilo de cabaza
Aceite, pementa e sal

Limpamos e picamos todos os ingredientes, as patacas e a cabaza en dados e o porro en aros.
Nunha cazola poñemos aceite a quecer. Botamos o porro e deixámolo refogar sen que chegue a coller cor.
Engadimos as patacas e refogamos uns minutos, botamos a cabaza e misturamos, sazonamos e moemos pementa negra.
Engadimos o caldo de verduras e deixamos facer a lume lento entre 25 e 30 minutos.
Retiramos do lume, pasamos pola turmix e deseguido polo chino para evitar as posibles hebras que queden.
Debe de quedar unha crema suave e sedosa.
Presentaremos con uns picatostes e uns fíos de aceite de oliva virxe ou nata.