Ir al contenido principal

Uvas recheas de queixo

Como xa está a pegar forte a calor, imos a facer un petisco, rápido, fácil e fresco.
Non vou a dar medidas que cada quen faga as misturas segundo o seu gusto.

Hoxe utilicei
Uvas
Queixo fresco
Queixo azul

A mistura pode ser con Cabrales, Roquefort, azul, etc. e en lugar de queixo fresco un pouco de nata alta en materia graxa (nata para montar). Podedes picar un pouco de ceboliño para darlle unha pouca de cor, en fin, botádelle imaxinación.

Facémoslle un corte transversal as uvas e enchémolas con a mistura de queixos, e a neveira.

Acompañádeo de un viño fresquiño.