Ir al contenido principal

A Míllara

O día 29 do pasado mes un grupo de "xoves estudantes de COU", coma todos os anos, xuntámonos para xantar e pasar o día coñecendo algo do lugar onde vamos.
Este ano o lugar foi A Míllara o pobo abandonado no Canón do Miño. Minto, abandonado non, por mor dun grupo de amigos, están a rehabilitalo para o seu uso particular. O encrave e simplemente perfecto e a obra que alí están a facer digna de encomio.

Para xantar fúmonos ata o embarcadoiro do catamarán e alí esta CASA MAIORGA , un lugar encantador para disfrutar, mentres se xanta. Gózase de unha boa vista e dun silencio que o ocupa todo.
Tratáronos moi ben, xente do máis agradable e con boa cociña. Se tiverades a idea de ir por alí e mellor que chamedes antes. Do que eu xantei, destácovos as empanadas, a de xoubas quita o sentido, pero a de castañas con chourizo e toda unha sorpresa, contundente pero non vos perdades a mestura de sabores.
Esquecíame como sobremesa non deixedes de probar o Crumble de froitas, marchariades mancos.