Ir a receita en castelán
Seguimos no camiño ó tempo de Entroido. E traemos unha segunda opción de sobremesa para o Entroido, as orellas.
- 1/2 Kg. de fariña
- 75 grs de manteiga temperada
- 4 ovos batidos
- 75 grs de auga temperada
- 1/2 sobre de lévedo químico (8 grs.)
- A pel dun limón relada
- Aceite de xirasol
- Esencia de anís ou un chorro de anís
- Azucre glas
- Unha belisco de sal.
Se hai unha sobremesa típica en todas as mesas, esa é a das orellas. Recomendo facelas en aceite de xirasol, para que o de oliva non lle dea un exceso de sabor. Importante que non queden con excesiva graxa.
- Amasar todo e deixar levedar durante 1 hora tapada con un pano limpo.
- Estirar a masa en anacos, canto máis fina mellor e fritir no aceite de xirasol.
- Botar por riba azucre glas
Non ten mais misterio esta rica sobremesa. Se vos sirve de referencia, cas cantidades que se dan na receita, sae unha cantidade similar á da foto.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito