Ir al contenido principal

Bocado de mexillóns en conserva


 Ir á receita en castelán

Dende hoxe, e pouco a pouco, vou a ir recuperando receitas sinxelas do blog, para ir facendo uns vídeos das mesmas.
Están feitos sobre todo con cariño, o tema da técnica xa é outra historia, pero seguro que o perdoades.
  • Mexillóns en escabeche en conserva
  • Tomate Kumato
  • Cogollos
  • Cebola morada
  • Mini bolos de hamburguesa
  • Vinagre de Jerez
  • Sal en escamas
Moi sinxela e con ela estamos poñendo en valor as estupendas conservas, que sempre nos fan un apaño.
  1. Cortamos as follas do cogollo en anacos de bocado. Aliñamos con sal, vinagre de Jerez e escabeche da lata.
  2. Cortamos a cebola en plumas finas.
  3. Pelamos e cortamos en rodelas o tomate.
  4. Abrimos o boliño ó medio, rodela de tomate que salgamos, leituga e cebola e por riba un par de mexillóns. Poñemos a tapa do pan e listo.
Con este pincho, aqueles que din que non saben facer nin un ovo frito, non teñen desculpa.
 

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es