Ir á receita en castelán
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito
Despois de unha receita contundente, como a Empanada de zorza e queixo Arzúa Ulloa, imos con unha moi refrescante.
Imos a marinar os langostinos con laranxa, limón e un pequeno golpe de Pedro Ximénez.
Non estamos diante dun ceviche, pero a sensación en boca e o zume que solta fainos recordalo.
- 10 langostinos cocidos
- 1 laranxa
- 1 limón
- 1 ceboleta pequena
- 1 chupito de viño doce Pedro Ximénez
- Ceboliño
Non estamos diante dun ceviche, pero a sensación na boca e o zume que solta fainos recordalo.
- Pelamos os langostinos, picamos en anacos pequenos e poñemos nun bol.
- Pelamos a laranxa e o limón, eliminando totalmente a parte branca da pel.
- Cun coitelo ben afiado, imos separando os cuarteiróns da membrana que os une, de xeito de que nos quede unicamente a carne da froita. Picamos en anacos pequenos e engadimos ó bol dos langostinos.
- Picamos a ceboleta en plumas e engadimos ó bol.
- Incorporamos o viño (un chupito pequeno) e o ceboliño picado.
- Mesturamos ben todo, tapamos con film transparente e deixamos na neveira como mínimo dúas horas.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.esNo Facebock: http://www.facebook.com/boproveito