Ir al contenido principal

Xoubas con migas

 Ir á receita en castelán

Traemos hoxe unha receita que nos encaixa moi ben no tempo de verán.
Imos a mesturar un produto tan noso como as xoubas con unas migas de sinxela execución.
  • Xoubas
  • Pan do día anterior
  • Touciño
  • Dentes de allo
  • Pementón agridoce de La Vera
  • Aceite de oliva
  • Sal
 Imos a preparar a receita deste xeito:
  1. Limpamos as xoubas, retiramos as espiñas e reservamos.
  2. Preparamos un aceite con pementón, poñendo ó lume aceite. No momento que estea quente, retiramos do lume e engadimos o pementón, remexendo de seguida para que non se nos queime. Pasamos a un bol e deixamos repousar unhas dúas horas, para que se vaian as impurezas ó fondo e nos quede un aceite roxo brillante. Reservamos.
  3. Cortamos en anacos pequenos o pan, o touciño e laminamos os dentes de allo. Nunha tixola con aceite facemos o touciño e os allos ata que comencen a tomar cor. Engadimos o pan e remexemos para que se doure e quede crocante. Fora do lume engadimos un pouco de pementón e mesturamos.
  4. Prequecemos o forno a 180º.
  5. Nunha fonte apta para o forno, poñemos unha base de migas, por riba as xoubas, unha á beira da outra, e regamos co aceite de pementón. Levamos ó forno uns 10 minutos.
Xa temos un rico prato de verán para levar a nosa mesa. Servir quente acompañando co aceite de pementón nunha salsera..

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito