Ir al contenido principal

Mexillóns guisados

 Ir á receita en castelán
  • 2 quilos de mexillóns
  • 1 lisco de touciño
  • 4 patacas grandes
  • 1 cenoria
  • 1/4 de pemento roxo
  • 1/4 de pemento verde
  • 1 cebola
  • 1 porro
  • 2 tomates maduros
  • 2 dentes de allo
  • 1/2 vaso de viño branco
  • 1 vaso de auga da cocción dos mexillóns
  • Pementón de la Vera
  • Sal e aceite de oliva
Falar de O Grove é falar de peixe, de marisco e de mexillóns, entre outras moitas cousas que fan do lugar un auténtico destino de disfrute, relax e gastronómico.
Entre as moitas preparacións que admite este produto, unha é o clásico guiso con patacas, que rezuma sabor polos catro costados.
  1. Cocemos os mexillóns. Eu non engado ningún líquido, deixo que se abran no que eles soltan. Segundo se van abrindo, imos retirando xa que, en caso contrario, si se pasa de cocción endurece e mingua. Retiramos das cunchas, escoamos o líquido e reservamos.
  2. Picamos as verduras, o tomate pelado e sen sementes.
  3. Picamos en tacos o touciño.
  4. Nunha cazola cun fondo de aceite, pochamos a lume brando a cebola, o porro e a cenoria.
  5. Cando a cebola estea branda, engadimos os allos e os pementos. Seguimos a lume brando ata que se pasen ben todas as verduras.
  6. No momento que as verduras estean brandas, incorporamos os tomates e os anacos de touciño, seguimos deixando facer a lume brando.
  7. Engadimos o medio vaso de viño e deixamos reducir ata case seco.
  8. Neste momento engadimos as patacas, que teremos cortadas en anacos, e o pementón. Remexemos e empapamos ben as patacas dos sabores da cazola. Engadimos o líquido da cocción dos mexillóns e se fose neecesario engadimos auga.
  9. Deixamos que se fagan as patacas e no último momento incorporamos os mexillóns reservados. Damos unhas voltas, tendo coidado de que non se nos rompan os mexillóns. Retiramos do lume e deixamos repousar uns minutos.
Xa vedes que esta receita podedes deixala preparada con antelación e no momento do xantar, quentar as patacas e engadir os mexillóns.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito