Ir al contenido principal

Tosta de mozzarella, tomate e paleta

 Ir á receita en castelán

  • 2 anchoas en conserva
  • 2 sardiñas en aceite de oliva
  • 2 quesitos en porcións
  • 1 culler pequena de mostaza
  • 2 culleradas de auga
  • Aceite de oliva
  • Pan
  • 1 tomate
  • 1 ceboleta
  • Paleta ibérica
  • Mozzarella
  • Brotes de ensalada
  • Noces
  • Olivas verdes
  • Vinagre de mazá 
Continuamos ca cociña fácil e para o verán. Unha tosta con todo sabor e, como non, usando as nosas conservas.
Usei paleta, pero podedes poñer xamón de pato, chacina ou xamón ibérico.
  1. Cortamos unhas rebandas boas de pan e levamos ó forno seis minutos, a 200º co forno sen prequecer. Reservamos.
  2. No vaso da batedor poñemos as sardiñas sen espiñas, as dúas anchoas cortadas e as dúas culleradas de auga. Trituramos con batedor. Incorporamos a mostaza e o queixo e volvemos a bater. Cando a mestura está lisa engadimos o aceite en fío para que emulsione. Reservamos.
  3. Cortamos o tomate e a ceboleta en pequenos anacos e nun bol, maceramos con unha cullerada de vinagre de mazá, sal e aceite de oliva.
  4. Untamos a base da tosta ca crema de sardiñas, poñemos por riba os brotes de ensalada que aliñamos co tomate e ceboleta reservados. Mozzarella en lonchas e a paleta por riba. Picamos groseiramente as noces e as olivas.
  5. Regamos con aceite de oliva virxe e disparada para a mesa.
Como vedes, podedes deixar todo preparado, para chegar ó momento do xantar e unicamente montar.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito