Ir al contenido principal

Amorodos en almíbar

  • Amorodos
  • Azucre
Estamos diante de unha sobremesa que, penso, mais sinxela non pode ser.
Dous ingredientes van a ser suficientes para que na nosa mesa de verán, teñamos unha fresca e rica sobremesa.
  1. Lavamos os amorodos sen retirar o pedúnculo (se o sacamos antes poden coller auga ó lavalos)
  2. Sacamos o pedúnculo e cortamos en anacos que poñeremos nun bol.
  3. Botamos ben de azucre (vai en función do gusto), remexemos e deixamos macerar na neveira. Pasado un tempo podemos probar e engadir mais azucre se fos necesario.
Xa está, poñemos os amorodos en cuncas individuais e a gozar da sobremesa.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito