Ir al contenido principal

Mini tomate rama recheo

Ir á receita en castelán
  • Mini tomates rama
  • 8 langostinos cocidos
  • 1 aguacate
  • 2 lonchas de xamón cocido
  • 10 olivas recheas
  • 2 ou 3 culleradas de maionesa
  • Sal







Unha aclaración importante. As medidas que dou, son para catro tomates rama grandes, pero a min paréceme mais simpático, este aperitivo con minis.
Ó facelo con minis vai a dar un pouco mais de traballo o baleiraralos, pero nada do outro mundo.
A gracia deste aperitivo, está en deixarlle a rama enganchada, dando o efecto de que está enteiro.
  1. Desprendemos os tomates da rama principal, deixando un anaco prendido ó tomate.
  2. Lavamos con coidado de que non se nos solte a rama. Secamos e cortamos a base do tomate. Ca parte pequena da culler saca bolas, imos baleirando os tomates con moito coidado. Salgamos por dentro e reservamos.
  3. Picamos finos os langostinos, as lonchas de xamón e as olivas. Pasamos o picado un bol.
  4. Sacamos a carne do aguacate e, cun garfo, chafamos ata ter unha textura de puré. Engadimos ó bol e mesturamos ben co picado. Engadimos a maionesa e volvemos a mesturar ben.
  5. Cunha culler pequena imos reenchendo os tomates.
  6. Para o servizo, poñemos unha base de recheo e por riba o tomate.
Penso que esta mestura de sabores, pode ser un bo aperitivo para esta festa dos Xosés ou pais.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito