Ir á receita en castelán
Para 2 persoas
- 1 masa fresca de empanada
- 2 latas de mexillóns ó natural
- 1 cebola mediana
- 1 porro
- ¼ de pemento vermello
- Touciño en anacos pequenos
- 1 ovo
- Aceite e sal
As veces non temos moito tempo de facer unha masa ou de poñerse a cocer uns mexillóns. Pois ben, para esas ocasións temos produtos que nos van a acelerar e facilitar a operación.
Por unha banda as masas frescas que distintas marcas nos ofrecen e que dan un resultado decente. Por outro as nosas amigas as conservas, neste caso usaremos os mexillóns ó natural.
- Picamos a cebola, o porro, o pemento e poñemos a sofritir nunha tixola con aceite.
- Cando vemos que as verduras están no seu punto, engadimos os anacos de touciño e os mexillóns picados (ou enteiros). Damos dúas voltas e retiramos do lume.
- Escoamos ben do aceite e deixamos atemperar.
- Estiramos a masa e repartimos a farsa na metade da mesma, cubrimos por riba ca outra metade e unimos os bordes.
- Pintamos con ovo batido e facemos un pequeno corte no centro, para que respire por él.
- Levamos ó forno, prequecido a 200º, e deixamos ate que se nos doure, uns 20/25 minutos aprox.
Xa vedes que cas nosas amigas as conservas, enseguida montamos un estupendo primeiro prato.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños: