Ir al contenido principal

Xarda afumada de Artemar con encurtidos

NON É UN POST PATROCINADO

Ir á receita en castelán
  • 1 lata xarda afumada Artemar
  • 4 champiñóns
  • 6 ceboliñas encurtidas
  • 8 pepinillos en vinagre
  • 12 olivas verdes
  • 1/2 ceboleta fresca
  • Pementiños picantes
  • 1/4 pemento vermello
  • Follas tenras de leitugas
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Aceite de mazá
  • Sal e pementa

Na visita que fixen hai un par de semanas a o Salimat, descubrín a conserva obxecto desta receita, que vai a ser unha rica ensalada moi apropiada para o verao.
Tratase de xarda afumada en aceite de oliva e comercializada por Conservas Artemar. Para que vos fagades unha idea, trátase de xardas de tamaño de unha sardiña grande, que ten un toque a afumado que foi o que me enganchou. Trátase de un afumado natural e eso aporta un toque especial.
  1. Limpamos, pelamos e picamos finos os champiñóns.
  2. Picamos o resto dos ingredientes para o encurtido. Ceboliñas, ceboletas, pepinillos, pemento vermello, pementiños picantes e olivas. Reservamos nun bol.
  3. Mesturamos o aceite e o vinagre nunha proporción de dous a tres. Salpimentamos e emulsionamos ben. Esta tarefa é sinxela se o facemos nun bote de cristal e axitamos forte.
  4. Vertemos a vinagreta no bol dos encurtidos, remexemos ben para que se mesturen os encurtidos e deixamos repousar unha hora como mínimo.
  5. Cando chega a hora do servizo, poñemos unha base de encurtidos (escoando ben), por riba poñemos a xarda aberta en metades (retiramos a espiña) e acompañamos cun pequeno "bouquet" de brotes de leituga, ó que engadiremos un par de culleradas de encurtidos.
Xa vedes, unha fresca ensalada que podedes deixar preparada antes de baixar á praia ou de ir á piscina.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es