Ir al contenido principal

Arroz caldoso con polo e verduras

Ir á receita en castelán
  • Arroz bomba
  • Peituga de polo
  • Cebola
  • Porro
  • Cenoria
  • Allo
  • Cabaciña
  • Pemento vermello
  • Pementón agridoce de la Vera
  • Caldo de polo
  • Aceite de oliva
  • Sal e pementa


Xa estamos no verán e con el un tempo de lecer.
Como case seguro que nos vai a tocar cociñar, imos a facelo con receitas rápidas, fáciles, cheas de sabor e que case podamos deixar feitas con antelación.
Neste senso, os arroces van a darnos moito xogo e neste caso é un arroz caldoso para mollar pan.
As cantidades dos ingredientes en función de gustos e número de comensais.
  1. Picamos o porro e a cebola e poñemos a pochar, a lume brando, nun pouco de aceite.
  2. Mentres se fai a cebola e o porro, picamos a cenoria, o pemento, a cabaciña e o allo, que incorporamos cando a cebola e o porro estean no seu punto. Deixamos facer uns minutos. Salpimentamos.
  3. Cortamos a peituga en anacos de bocado. Engadimos o sofrito e damos unas voltas un par de minutos.
  4. Engadimos o arroz e remexemos para que se empape e se mesture cos sabores das verduras. Engadimos ó pemetón e incorporamos o caldo de polo, que si o queredes caldoso debe ser un pouco máis de caldo do habitual, e deixamos facer cinco minutos a lume forte e o resto do tempo a lume brando. Miramos de sal e pementa.
  5. Retiramos do lume e deixamos repousar tapado uns cinco minutos.
Como vedes ate o punto dous podemos deixar adiantado o noso arroz.
Ides a levar a vosa mesa un arroz moi colorido e para mollar pan. E si queredes un arroz vexetariano, non engadides o polo e usades caldo de verduras.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es