Ir al contenido principal

Polbo con vinagreta de sofrito de tomate

Ir á receita en castelán
  • 1 pata de polbo cocida
  • Sal en escamas
  • Pimentón agridoce de la Vera
  • 3 tomates rama
  • 50 ml de vinagre de mango (ou outro)
  • 1 cullerada de azucre
  • Humus
  • Aceite de oliva
  • Sementes de sésamo
  • Follas de tomiño fresco



Hoxe imos a darlle unha pequena volta ó polbo. Deixando de lado que a mellor preparación (ó menos para min) de este produto é "A Feira", podemos xogar un pouco con outras preparacións e outros sabores.
Neste caso eu incorporo un vinagre de mango, que se pode cambiar por o que máis vos guste.
  1. Pelamos os tomates, limpamos de sementes e cortamos en dados.
  2. Sofritimos o tomate nunha tixola cun pouco de aceite, engadimos o azucre e o vinagre. Deixamos facer ata que caramelice.
  3. Retiramos do lume e deixamos arrefriar. Incorporamos as sementes de sésamo e cubrimos de aceite.
  4. Para o servizo, salteamos o polbo nunha tixola, poñemos no prato un fondo de humus, por riba o polbo e engadimos a vinagreta de tomate.
  5. Engadimos un belisco de pementón, unas follas de tomiño e escamas de sal.
Como vedes, estamos a darlle outra vida ó polbo. A vinagreta de tomate aromatizada vai a ser un perfecto contrapunto.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es