Ir al contenido principal

Milfollas de mazá, Camembert, Roncari azul e vinagreta de pomelo e canela

Ir á receita en castelán
  • 1 mazá roxa
  • 1/2 peza de Camembert
  • 40 grs de Roncari azul
  • 1 pomelo
  • Follas de brotes
  • 1 culler pequena de azucre moreno
  • 1 belisco de canela
  • 6 culleradas de aceite de oliva virxe
  • Sal e pementa





Parece que o tempo se torce, pois que chova eu vos ofrezo unha rica ensalada chea de matices.
Se sodes amantes do queixo non deixedes de probar esta ensalada, de traballo cero e de presenza dez.
Ademáis xa veredes como vos sorprende a vinagreta.
  1. Sacamos os queixos e a mazá da neveira con antelación e tomen todo o seu sabor.
  2. Cortamos o Camembert en lonchas e desmiuzamos o Roncari.
  3. Lavamos, secamos, descorazonamos e cortamos en rodelas finas a mazá. Poñemos as rodelas regadas co zume de medio pomelo.
  4. Preparamos a vinagreta co zume da outra metade do pomelo, o azucre, a canela e o aceite. Salpimentamos e emulsionamos.
  5. Sacamos as rodelas de mazá do zume e secamos.
  6. Montamos unha base de mazá, seguimos con lonchas de Camembert, rodelas de mazá, Roncari desmiuzado, rodelas de mazá e lonchas de Camembert. Acompañamos con algunhas follas de brotes e regamos ca vinagreta reservada.
Non vos vou a dicir nada sobre a mestura de sabores, tedes que facela e xa me contaredes.
Se queredes quedar de luxo e nas vosas casas gusta o queixo, non dubidedes en facer esta ensalada nin un segundo.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es