Ir al contenido principal

Bacallau e verduras en tempura sobre tomate e coandro

Ir á receita en castelán
  • 2 lombos de bacallau desalgado
  • 2 tomates
  • 1 dente de allo
  • Coandro
  • 1 cebola morada
  • Aceite de oliva
  • 125 grs de fariña
  • 5 grs lévedo fresco
  • 150 ml de auga
  • 2 dentes de allo
  • 1 puñado de pirixel
  • 1 clara de ovo
  • Verduras variadas

Retomamos hoxe outra receita cun peixe moi presente neste blog. Presente por o seu sabor e presente pola súa versatilidade.
Faremos unha tempura que ben nos podería servir como unha Orly para unhas gambas.
O punto crítico desta receita está no aceite quente, pero que non abrase, para conseguir unha envoltura dourada e crocante e, ó mesmo tempo, un bacallau que nos se seque.
  1. Cortamos os lombos de bacallau (sen pel nin espiñas) en dados.
  2. Pelamos e cortamos en pequenos dados os tomates (sen sementes). Poñemos nun bol.
  3. Picamos fino o coandro, o allo e a cebola. Engadimos ó tomate e regamos con aceite. Salgamos, mesturamos e reservamos.
  4. Poñemos a fariña nun bol e engadimos o lévedo diluído en 50 ml de auga tibia. Deseguida engadimos sal e o resto da auga. Imos mesturando pouco a pouco ate que teña textura de crema.
  5. Regamos cunha cullerada de aceite de oliva por riba, tapamos cun pano e deixamos que duplique o seu volume (hora e media ou dúas).
  6. Pasado o tempo, incorporamos a clara a punto de neve, un majado de allo e pirixel e mesturamos con movementos envolventes ca masa reservada.
  7. Mollamos os dados de bacallau na masa e fritimos en aceite quente, ata que nos quede cunha bonita cor dourada. Escoamos en papel de cociña.
  8. Como nos vai a sobrar algo de masa, podemos facer uns bastóns con cabaciña, pemento roxo, cenoria, etc. Pasamos pola tempura e fritimos.
Presentamos os fritos de bacallau sobre unha cama de tomate e coandro. Acompañamos cas verduras fritas.
Nesta preparación, móstrase o bacallau ca súa textura máis suave.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es