Ir al contenido principal

Carne guisada con patacas

Ir á receita en castelán
  • 1 kilo de carne de tenreira galega
  • Patacas
  • 1/2 pmento roxo
  • 1/2 porro
  • 1/2 cebola
  • 1 cenoria
  • 3 dentes de allo
  • 1/2 vaso de viño tinto mencía
  • Caldo de carne
  • Pementón agridoce de La Vera
  • Aceite de oliva, pementa e sal


Debe ser cousa do tempo, pero estou arrimando para os guisos. Neste caso imos do mar á terra e faremos un saboroso guiso con unha estupenda carne de tenreira galega.
Prato moi sinxelo e con poucos ingredientes, pero que se transforman nun prato de dez.
  1. Picamos todas as verduras, que poremos a pochar todas xuntas nunha cazola con un fondo de aceite.
  2. Salpimentamos a carne e, cando as verduras estean no seu punto, incorporamos á cazola. Remexemos cas verduras e deixamos que a carne tome algo de cor.
  3. Engadimos o viño e deixamos que se evapore o alcohol.
  4. Incorporamos o pementón, ó gusto, remexemos e cubrimos co caldo de carne. Deixamos facer a lume brando.
  5. Cas patacas podemos facer de dous xeitos: un cocelas a parte (sen que cheguen a cocer de todo) e incorporar o noso guiso cando lle queden uns 10-15 minutos. Outro, cando o noso guiso lle queden 25-30 minutos incorporalas en anacos e que se cozan no propio guiso.
  6. Deixamos repousar uns minutos e listo.
Prácticamente teredes un saboroso prato único que apenas vos deu traballo. Coma sempre o consello é que o acompañedes de un bo pan. Van a facer moitas sopas no prebe.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito