Ir al contenido principal

Aliñas de polo con ensalada

Ir á receita en castelán


  • 600 grs de aliñas de polo
  • 3 dentes de allo
  • Pementón agridoce de La Vera
  • 100 ml de viño branco Ribeiro
  • Aceite de oliva
  • Pementa negra
  • Pan relado
  • Sal
  • 1 Bolsa de brotes tenros de ensalada
  • Cebola morada
  • Mini tomates Kumato
  • Vinagre


Ola amigos, levo un tempo sen aparecer por esta fiestra, pero non a teño esquecida.
Dado estes calores que parece que xa se queren instalar, imos a ver se conseguimos facer unhas receitas que non sexan complicadas, que non nos rouben moito tempo e sobre todo cheas de sabor.
Pois posto nesta tesitura, hoxe facemos unhas aliñas de polo, que o normal é que lle gusten a todos os da casa, que acompañaremos con una ensalada chea de matices.
Esta é unha moi boa opción para unha cea, para un xantar na terraza, ou incluso para o tupper do traballo.

  1. Repasamos as aliñas e quitamos algún pequeno resto de plumas que poidan traer.
  2. Salpimentamos e as pasamos polo pan relado, sacudindo o exceso.
  3. Quentamos un pouco de aceite e salteamos os allos fileteados. Cando vemos que comenzan a tomar cor, retiramos e reservamos.
  4. Douramos as aliñas e cando estas collan cor incorporamos o pementón (ó gusto), un golpe de pementa negra, os allos reservados e o viño branco. Deixamos reducir o viño.
  5. Mentres se fan as aliñas, poñemos os brotes de ensalada nun bol, cortamos a cebola en plumas e os Kumatos pola metade. Engadimos a cebola e os tomates. Aliñamos o noso gusto.
  6. Servimos as aliñas de polo acompañadas de esa estupenda ensalada que preparamos.
Pouco mais que engadir, xa vedes que en moi pouco tempo ides a ter un saboroso prato para as vosos xantares ou ceas de verán.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es