Ir al contenido principal

Lombos de salmón en masa follada

Ir á receita en castelán

  • 1 lámina de masa follada
  • 2 lombos de salmón sen pel nin espiñas
  • Follas tenras de espinacas
  • Follas de alfábega
  • Aneto
  • Ceboliño
  • 60 grs de manteiga
  • 1 ovo
  • Sal e pementa


Na receita de hoxe imos a usar unha masa que tan bos resultados nos da na nosa cociña: a masa follada.
Esta masa (eu sempre a merco feita) ademais de servirnos de envoltorio para o noso elemento principal, vai a aportar un lixeiro toque crocante que tanto nos gusta encontrar na nosa boca.
Neste caso o que imos a meter na masa é salmón, uns bos lombos de salmón. A textura do pescado, vai a ir no tempo que lle imos a dar de forno.
  1. Preparamos os lombos do salmón sen pel e sin espiñas. Repasalo ben, pois sería moi desagradable topar unha. Lavamos, secamos, salpimentamos e reservamos.
  2. Levamos a manteiga a textura de pomada, picamos a alfábega, o ceboliño e o aneto. Mesturamos as follas picadas ca manteiga.
  3. Estiramos a lámina de masa follada sobre o papel vexetal, que xa trae, e colocamos un lombo de salmón e untamos ca manteiga de herbas. Cubrimos con follas de espinacas picadas e poñemos por riba o outro lombo de salmón, ca parte que vai en contacto cas espinacas, tamén untado de manteiga. TRUCO para este paso, co fin de que non se abrande a base da masa, podemos poñer un fondo de pan relado e améndoa picada na base, antes de poñer o primeiro lombo.
  4. Dobramos a masa sobre o salmón, pechando ben nos bordes, facemos un lixeiro enreixado ca punta dun coitelo e pincelamos con ovo batido.
  5. Levamos ó forno, prequecido a 200º, uns 25 minutos se o queredes con unha textura tirando a medio pasado. Se o queredes ben pasado debemos deixalo uns 35 minutos.
  6. Deixamos atempar un pouco antes de cortalo.
Xa o vedes con pouco traballo, temos un prato de moita presenza e con un bo sabor. 

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es