Ir al contenido principal

Toureira de anchoa picante

Ir á receita en castelán

  • Anchoas en conserva
  • Ceboliñas en vinagre
  • Pementos picantes
  • Follas de rúcula






Temos a gran sorte de ter, nesta nosa terra, unhas conservas de pescado, realmente excepcionais. Por ese motivo pretendo poñelas en valor, presentándoas dun xeito máis vistoso.
Tendo en conta o anteriormente dito e que fai algún tempo, tiven a sorte de asistir a un showcooking de Sacha Hormaechea, no que as conservas se transformaban nun gran prato, fan que vaia a comenzar unha serie de receitas con conservas. Receitas moi sinxelas e nas que case non utilizaremos o lume.
Nesta ocasión arrancamos cun clásico dos bares españois: A Toureira. Pero imos a darlle algo de categoría.
Pois ben, nun pau de brocheta ensartamos un pementiño picante, unha folla de rúcula (podemos mollala no aceite das anchoas), unha punta de anchoa, unha ceboliña e por último a outra punta da anchoa, rodeando a ceboliña.
Xa vedes que sen tocar o lume e en poucos minutos, temos un saboroso aperitivo. Se non a queredes picante, eliminades o pementiño.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es