Ir al contenido principal

Mexillón en escabeche sobre patata confeitada

Ir á receita en castelán

  • Mexillón en escabeche
  • Patacas
  • Follas de brotes de ensalada
  • Aceite de oliva
  • Sal en escamas









Como xa vos dixen no post anterior, estou metido en preparar, sobre todo, pequenas tapas ou aperitivos feitos con conservas.
A preparación que nos ocupa hoxe, vai con un, que para min, é a estrela das conservas: o mexillón.
Falando deste produto, penso que os conserveiros galegos que de verdade poñen mexillón galego nas súas latas, deberían seguir a poñer a lenda "Mexillón de Galicia". A pesar de que non sexa de obrigado cumprimento.
Xa metidos na receita, moi sinxela, operamos do seguinte xeito. Nun recipiente axeitado poñemos as patacas cortadas en rodelas de 1.5 cm de ancho aproximadamente. Cubrimos de aceite e deixamos que se vaian cocendo no aceite a baixa temperatura ate que estean no seu punto.
Sacamos do aceite e para a presentación do noso aperitivo, damos un golpe de prancha as patacas por cada lado, salgamos con sal en escamas, poñemos unha folla de un brote de ensalada e o mexillón por riba.
Salseamos cun pouco do líquido de goberno da lata.
Simplemente delicioso e os vosos invitados vano a agradecer.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es