Ir al contenido principal

Peituga de polo as herbas con patacas

Ir á receita en castelán

  • 1 peituga de polo enteira
  • Patacas
  • 2 dentes de allo
  • Loureiro (1 folla)
  • Ourego picado
  • Tomiño picado
  • Pementón
  • 1 vaso de viño branco
  • Aceite de oliva
  • Sal e pementa
Hoxe imos cunha receita rápida, económica e fácil. Unha receita con noso amigo o polo, que xunto ó pavo e ó coello forman as carnes brancas baixas en graxas, tan boas para nos.
Comenzamos separando a peituga nas súas dúas metades e retirando as posibles graxas que poida traer.
Poñemos as peitugas nun bol, salpimentamos e engadimos a folla de loureiro, os allos fileteados, o ourego, o tomiño, o pementón e un bo chorro de aceite de oliva.
Mesturamos ben o conxunto e deixamos repousar, coma unha hora, na neveira.
Pelamos as patacas e cortamos en dados (ou como máis vos gusten) e fritímolas nunha cazola. Retiramos e reservamos en papel de cociña.
Na mesma cazola de facer as patacas, douramos, ben, a peituga e incorporamos o adobo e o viño branco.
Baixamos a lume brando e deixamos que se evapore o alcohol do viño.
Dous ou tres minutos antes de retirar a peituga, incorporamos as patacas.
Sacamos a peituga da cazola e fileteamos, no suposto que non estivera ben pasada para o voso gusto, podedes volver os filetes ó prebe un para de minutos.
Colocamos os filetes da peituga nun lado da fonte de servizo e do outro as patacas, regamos co prebe e a disfrutar de un rico prato que de seguro lle gustará a todos os da casa. 

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es