Ir á receita en castelán Esta entrada xa tiña que estar feita hai algún tempo, pero por unha cousa ou outra foi quedando. Podo tardar pero sempre fago o que teño pendente. Dende que o meu bo amigo e ourensá de pro, Alfonso López, de Recetas de Rechupete , me fixo chegar a casa o seu libro de Postres de Rechupete, quería facer unha das receitas do seu libro a modo de agradecemento. Por fin chegou o día e a receita escollida, xa que estamos case no tempo, foi a das torradas. Abandono a miña receita de Torradas de café con xelado de vainilla , pola máis tradicional de Alfonso. Alfonso permíteme unha licencia, non usei viño de Porto por non telo, cambieino por Pedro Ximénez. Entón para esta receita de Alfonso, precisaremos: 1 barra de pan do día anterior 1 litro de leite enteira 1 rama de canela Canela en po 4 ovos 1 vaina de vainilla 1 cascara de limón 100 ml de viño de Porto Azucre Aceite de oliva Quentamos a leite a lume media ata que chegue a
Aprendemos xuntos.