Ir al contenido principal

Ensalada de verduriñas atempadas con polbiños en conserva


Nesta semana continuamos cunha ensalada, pero nesta ocasión atempada. Imos camiño do frío e teremos que ir cambiando os noso hábitos gastronómicos, como si de un cambio de armario se tratase.
Esta ensalada de verduriñas a imos a completar con unha conserva. Xa sabedes que temos que poñer as conservas en valor e darlle un tratamento digno de un prato completo.
Neste caso a conserva usada non é das mais habituais nas nosas casas: polbiños.
Xa metidos en faena, imos a precisar:

Polbiños en conserva
Pemento vermello
Pemento verde
Cenoria
Ceboletas pequenas
Allos tenros
Espárragos verdes
Cherrys variados

Para darlle algo de vistosidade o noso prato, imos a facer un pequeno atado con parte das verduras a usar. Cortamos algunhas follas dos allos tenros, as lavamos, e escaldamos un par de minutos en auga fervendo. Sacamos da auga quente e arrefriamos rapidamente para que non perdan a súa cor verde. Poñemos entre dous papeis de cociña para secar.
As verduras que imos a usar para o atado, son os pementos e as cenorias. Cortamos en bastóns e salteamos nunha cullerada de aceite. Non queremos que se nos pasen moito, queremos que nos queden ó dente. Con estas verduras e as follas dos allos, imos facendo os atados.
Nunha prancha untada con aceite, salteamos o resto das verduras para que nos collan ese sabor do feito a prancha, se fose necesario botamos un pouco mais de aceite (resultan moi prácticos os aceites en spray). Unha vez feitas as verduras, pasámolas o prato de servizo e, na mesma prancha, salteamos os polbiños (escoados do líquido de goberno da lata). Queremos que collan un pouco de temperatura.
Colocamos os polbiños por riba das verduras e nun lateral colocamos os atados.
Coido que o aceite que levan as verduriñas despois do salteado xa lles é suficiente, pero xa sabedes se queredes completala cun aliño, adiante.
Vai a quedarvos un primeiro prato moi vistoso e colorido.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es