Ir al contenido principal

Ensalada de brotes, granada e caqui con vinagreta de caqui

Ir á receita en castelán 

Xa sei que empezamos a levar os lumes das nosas cociñas pratos de culler, pero non podía deixar de compartir esta ensalada con froitas de tempada. As temperaturas que estamos a ter, aínda nos permiten levar ensaladas á mesa.
Gústame o conxunto do doce do caqui e a explosión do gran da granada o triscalo na boca e todo elo envolto por unha vinagreta moi equilibrada.
Imos a precisar o seguinte:

1 caqui
1 granada
Brotes de ensalada
1 ceboleta pequena
Sal
Tres pementas
Vinagre de Jerez
Aceite de oliva

Pelamos e cortamos o caqui en anacos pequenos. Reservamos un pouco para picar miúdo para a vinagreta.
Partimos a granada pola metade e poñéndoa na palma da man, golpeamos co mango do coitelo e desprenderanse moi fácilmente os grans.
Preparamos a vinagreta con una proporción de 3 a 1 de aceite e vinagre, batemos para emulsionar. Incorporamos a ceboleta cortada moi miúda e o caqui reservado tamén moi picado. Salgamos e botamos as tres pementas recén moídas. Reservamos
Sobre unha base de brotes  poñemos os anacos do caqui, os grans da granada e aliñamos ca vinagreta preparada.
Unha mas que boa opción de ensalada que, a pesar do tempo que tira a frío, entra moi ben.







Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es