Ir al contenido principal

Xureliños en escabeche suave

Ir á receita en castelán

O outro día estando mercando  na peixería, e había uns xureliños que non deixaban de mirarme e de decirme que tiñan que ir para a miña bolsa. Eu xa tiña a compra feita e non me eran necesarios, pero é que tiñan imán.
Foron directos á bolsa e xa pensando no escabeche no que ian a parar.
Como xa falamos en algunha outra ocasión o escabeche é unha das máis tradicionais formas de conservación de alimentos, mediante un caldo de aceite e vinagre básicamente.
Para este noso escabeche precisaremos para uns 15 xureliños:

15 Xureliños
1 Cebola
3 Dentes de allo
1 cenoria
1 folla de loureiro
1 cullerada de pementón agridoce de La Vera
Aceite
Vinagre
Fariña e sal
Pan centeo

Limpamos ben os xureliños, salgamos e pasamos pola fariña.
Fritimos no aceite e reservamos.
No mesmo aceite engadimos o allo, a cebola e as cenorias, deixamos facer ata que a cebola estea branda, sen que chegue a queimarse.
Retiramos do lume, para que non se queime, engadimos o pementón, damos unhas voltas, deixamos que perda algo de temperatura e incorporamos o vinagre na cantidade que vos guste (eu fíxeno moi lixeiro). Neste punto quero facer unha advertencia, ollo co vinagre e o aceite quente, se non queredes facer un volcán na vosa cociña, facédeo fora do lume. 
Volvemos a levar ó lume e remexemos uns minutos para que se mesturen todos os elementos.
Poñemos os xurelos nunha fonte adecuada e cubrimos co escabeche.
Deixamos arrefriar e deixalo na neveira ó menos 24 horas, se vos serve eu tívenos 72 horas.
Podedes presentalo nunha rebanda de pan centeo. Ademais do xureliño, o pan centeo impregnado co escabeche vai facer que resulte de premio.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es