Ir al contenido principal

Cantharellus cibarius con pasta, allos tenros e queixo Arzúa Ulloa

Ir á receita en castelán

Aínda que as temperaturas non son de outono, a realidade é que xa estamos nel.
Boa fe de elo está no monte, que empeza a coller esas incribles cores ocres nas árbores e no chan, onde os cogomelos comenzan a proliferar.
Eu non son coñecedor de cogomelos coma para ir ó monte a buscalas, pero a historia está en que cando un se bota uns bos amigos coma Conchi Zúñiga de Cocinando setas e Rubén Amorín de Ni mata ni engorda, sempre caen algunhas que levar ó fogón. Grazas os dous pola súa amabilidade.
Para a receita que nos ocupa imos a precisar o seguinte (deixo as cantidades o voso gusto):

Cantharellus cibarius
Pasta (uns 70grs por persoa)
Allos tenros
Tomates secos en aceite
Queixo Arzúa-Ulloa
Aceite, sal e pementa

O primeiro paso e máis importante é limpar ben e con moito coidado os cogomelos.
Poñemos a cocer a pasta segundo nos indique o fabricante. Ó final da cocción escoamos, gardamos unha pouca auga da cocción e reservamos.
Mentres se fai a pasta, nunha tixola poñemos coma un par de culleradas de aceite e salteamos os allos tenros. Simplemente que collan unha pouca de cor. Retiramos e reservamos.
No mesmo aceite botamos os cantharellus, salteamos e deixamos que se fagan uns minutos na propia auga que soltan.
No último minuto engadimos os tomates secos en anacos e os allos tenros. Damos un par de voltas e fora.
Coma a pasta iría perdendo temperatura, nunha cazola poñemos unha pouca auga da cocción da mesma, levamos ó lume, incorporamos a pasta cocida e dámoslle unhas voltas para que colla calor.
Incorporamos os cogomelos reservados e mesturamos ben, para que se mesturen os sabores e no último momento engadimos o Arzúa-Ulloa, que nos vai a dar algo de untuosidade ó prato.
Repartimos nos pratos e a mesa deseguida, os vosos comensais o agradecerán.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es