Ir al contenido principal

Pastel de carne con mortadela

Ir á receita en castelán


Despois de que as dúas últimas receitas forn de peixe, imos hoxe con unha de carne.
Vamos a facer unha receita moi útil, fainos unha estupendo xantar, serve para unha cea fría e como comida de taper para a oficina.
Xa vedes, podémola comer quente con un prebe, temperada ou fría.
Para que nos saia un pastel para unhas seis persoas, imos a precisar:

700 grs de carne picada mixta (tenreira e porco)
200 grs de mortadela
150 de touciño afumado en lonchas
3 ovos
Pirixel picado
2 dentes de allo
1 cebola pequena
8 tomates secos en aceite (ou 1 fresco)
Olivas sin oso (verdes ou negras)
Aceite, sal e pementa

Poñemos a cocer 2 ovos. Arrefriamos e reservamos.
Nun bol poñemos a carne e a mortadela cortada fina. Agregamos o outro ovo batido, os allos e a cebola picados e o pirixel. Salpimentamos (tede en conta que a mortadela xa aporta sal) e mesturamos ben todos os ingredientes.
Prequecemos o forno a 200º e nun molde axeitado, poñemos unha base da mestura da carne, sobre ela unhas lonchas de touciño afumado.
Picamos as olivas, os tomates e os ovos, que imos a poñer por riba do touciño.
Cubrimos co resto da carne, procurando unir ben polos bordes e pincelamos a superficie con un pouco de aceite.
Cando o forno estea a punto, baixamos a temperatura a 185º e deixamos o molde ca carne, que se faga, entre 25 e 30 minutos.
Pasado o tempo sacamos do forno e deixamos arrefriar.
Como ben sabedes, poderemos cortalo mellor en frío.
Como acompañamiento vanlle ben unhas patacas fritas, un pisto de verduras, un bo prebe de tomate, etc.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es