Ir al contenido principal

Mexillóns en conserva con verduriñas

Ir á receita en castelán

Iste pasado fin de semana tiven a oportunidade de participar no #blogtripconserva que organizou Anfaco (Asociación nacional de fabricantes de conserva) e que tivo a xentileza de invitarme.
Os que me seguides de xeito regular, xa teriades visto, en algún dos meus post, a miña aposta por poñer en valor as conservas de calidade na nosa cociña.
Disfrutei de unha espléndida fin de semana e tiven a oportunidade de coñecer a bloggers do resto de España.
Ben, pois como consecuencia deste blogtrip, quero aportar esta humilde receita, utilizando e pondo en valor as nosas conservas. Neste caso o mexillón galego.
Entón precisaremos (cantidades a o voso arbitrio e gusto):

Mexillón de Galicia en escabeche 
Porro
Ceboleta
Cenoria
Pemento vermello
Cabaza
Salvia (opcional)

Usamos estas verduras co fin dee asimilalas á cor dos mexillóns.
Picamos fino o porro e a ceboleta. Poñemos a pochar en aceite de oliva, salgamos para que sude.
Mentres se pocha o porro e a ceboleta, picamos o resto das verduras e incorporamos ó porro e a ceboleta. Salpimentamos (ollo que xa botamos sal con anterioridade) e deixamos facer a lume brando.
Cando as verduras estean no seu punto, ca axuda de un pequeno molde poñemos un pouco do pisto das verduriñas, unha folla de salvia (opcional) e un bo mexillón por riba. Regamos cun pouco do escabecha da lata.
Ides a encontrar moi agradable o sabor do mexillón en escabeche ca suavidade das verduriñas.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es