Ir al contenido principal

Salchichas asadas con verduras

Ir á receita en castelán

Hoxe imos a permitirnos unha licencia, por unha banda comida san en forma de verduras e pola outra salchichas, que aínda que frescas non deixan de estar cheas de graxa.
O tema das verduras empeza a ser moi recorrente nas miñas comidas, ó mellor, ten algo que ver o facer de comer para unha fermosa cativa que anda a recorrer o corredor da casa. Quero que se acostume a todos os seus sabores e texturas, ademais de serlle moi necesarias nesta etapa da súa vida.
Pois ben, eu vou a poñer as verduras que usei, pero a variedade de verduras é moita e que cada quen use as que máis lle gusten.
Para esta receita necesitaremos:

10 salchichas frescas
3 chalotas
2 cenorias
1 pemento roxo
1 pemento verde
1 porro
1 vaso pequeno de viño branco
Aceite de oliva
Pementa e sal

Imos poñendo o forno a prequecer a 200º.
Picamos as verduras en anacos xenerosos, os pementos, as cenorias, as chalotas e o porro en aros.
Pasamos as verduras a unha fonte de forno lixeiramente engraxada, salpimentamos e botamos un xeneroso chorro de aceite. Deixamos no forno uns 20 minutos.
Mentres nunha tixola untada en aceite, pasamos as salchichas para que collan cor por todos os lados.
Pasamos as salchichas á fonte das verduras, regamos co viño branco e deixamos facer uns cinco minutos máis.
Repartimos as verduras polos pratos e acompañamos cas salchichas.
Un rico prato en sabores e en cores.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es