Ir á receita en castelán
Coma case tod@s sabedes, nesta fin de semana que pasou celebrouse en Ribadavia, a 51 Feira do viño do Ribeiro. Xa queda lonxe aquel ano de 1.964.
Coma case tod@s sabedes, nesta fin de semana que pasou celebrouse en Ribadavia, a 51 Feira do viño do Ribeiro. Xa queda lonxe aquel ano de 1.964.
Nesta ocasión tiven a sorte de participar nela, de una forma máis activa: nun blogtrip con outr@s compañeir@s, que dimos fe do bo facer nesa Feira.
Teño que confesar que xa facía algún tempo que non asistía, por desencanto, á Feira do viño do Ribeiro.
Deixei de asistir por varias razóns, entre elas o cambio de data que se fixo e durou uns anos. Demostrouse que era equivocada. Deixei de asistir por mor de grupos de xente que ian por o feito de beber por beber, con empurróns nas casetas, malos modos, etc. En fin que me sentía moi incomodo.
Despois da asistencia este ano, teño que rectificar todo o exposto anteriormente. Encóntrome cunha Feira moderna, con unha moi boa disposición das casetas, sen malos modos, con xente que está a degustar estes grandes viños de calidade, que pouco a pouco van ganando o espazo que nunca deberon perder, en resumo unha Feira moi profesional.
Nesta edición participaron oito bodegueiros exportadores e 21 colleiteiros, todos eles participando cun produto de moita calidade que fixo as delicias de todos nos.
Non vou a citalas, pois seguramente me vou a esquecer de algunha e non quixera.
Unha das novidades de esta Feira (xa comenzada o ano pasado) é a inclusión da gastronomía en vivo, con talleres feitos polos grandes da cociña galega. Penso que non se poden desligar a gastronomía e os viños. Un auténtico acerto.
Como novidade este ano participamos un grupo de blogueir@s gastronómicos e de turismo, que fomos dando conta de todo o que pasaba na Feira en directo.
Pero non nos quedamos aí, tres de nos participaron de forma directa nun taller de cociña con Ribeiro: Belén Otero de Cocinar para dos, Carmen Albo de Guisándome la vida y Rubén Amorín de Ni mata ni engorda. Nin que dicir ten, que o fixeron de maravilla.
Ir a Ribadavia, non só pode ser ir á Feira, ir a Ribadavia é ir a coñecela, pasear polo seu barrio xudeo e como non, visita imprescindible: A Tafona de Herminia, os doces xudeos ó alcance de todos. Toda unha institución.
Nos primeiros números que nos da a organización, falan de 18.000 visitantes. Un máis que bo número, que a bo seguro han de ir en aumento en vindeiras edicións.
Os gañadores de este ano foron os seguintes:
- Mellor Viño Branco de Adegas: Cunqueiro III Milenium 2013 de Bodegas Cunqueiro,s.l.
- Mellor Viño Branco de Colleiteiros: Manuel Rojo 2013 de Adega Manuel Rojo.
- Segundo premio Viño Branco de Colleiteiros: Pazo Lodeiro 2013 de Julio Vázquez Quintela.
- Mellor Viño Tinto: Pazos de Albor 2012 de Alfonso Albor Rodríguez
- Segundo premio Viño Tinto: Elisa Collarte 2012 de Elisa Collarte Bernárdez.
Non podo deixar de nomear a Constantino Iglesias de SG Tino Iglesias, pola perfecta organización de toda a parte gastronómica.
E como non, dar as grazas os meus compañeir@s e amig@s blogueir@s, por esta estupenda fin de semana:
Alberto Rivas Mais grelos
Belén Otero Cocinar para dos
Carmen Albo Guisándome la vida
Kike Gcia Cerviño La Alacena roja
Fidel Martín La parte contratante de la primera parte
Marta Valcarce Travi en la cocina
Mónica Castelao Deliciosamente galego
Rubén Amorín Ni mata ni engorda
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito