Ir al contenido principal

Ensalada tibia de coello


Viñeron uns días de primavera adiantados e xa me lancei as ensaladas. Neste caso é unha ensalada tibia, que vai moi ben en todo tempo.
Nesta ensalada, ademais de unha variedade grande de vexetais, usaremos unha carne moi saudable e baixa en graxas. Xa temos falado dela noutras ocasións: trátase de carne de coello.
Para poñernos mans á obra precisaremos para 4 pax:

500 grs de carne de coello
4 patacas boas
200 grs de cenorias baby
200 grs de xudías planas cocidas
100 grs de brotes de solla
Brotes de ensalada
1 limón
Ourego
2 ramas de romeiro
1 folla de loreiro
Aceite e sal

Nunha cazola con auga poñemos o loureiro, o romeiro, sal e o coello a cocer ata que estea tenro.
Ó mesmo tempo poñemos a cocer as patacas con pel.
No tema das cenorias e as xudías, se usamos as envasadas aforramos un montón de tempo, e as hai de moi boa calidade. Se collemos esta opción, sacámolas dos botes e eu pásoas por auga para sacarlle o sabor a envasado. Poñemos a escoar.
No momento que temos o coello atempado, procedemos a desosalo e desmiuzar (se é cas mans mellor) en tiras.
Como as patacas xa estarán tamén atempadas, pelamos e cortamos en rodelas.
Preparamos unha vinagreta con aceite, brotes de solla, zume do limón, ourego picado e sal. Emulsionamos. 
Como xa temos listos todos os elementos da ensalada, imos a proceder ó empratado. Para elo poñemos un aro en cada prato de servizo e comenzamos por poñer un fondo de patacas, despois unhas follas tenras de ensaladas, outra capa de xudías, outra de cenorias e rematamos co coello desmiuzado.
Aliñamos a ensalada e directamente á mesa.
Un prato moi equilibrado e moi saboroso.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es