Ir al contenido principal

Canas de queixo e marmelo

Ir á receita en castelán

Hoxe imos a meternos con unha sobremesa que resulta moi sinxela de facer.
É esta unha receita para todos aqueles que toman queixo con marmelo como sobremesa.
Como noutras ocasións non vou a poñer medidas, pois estas van a ir en función do gusto de cada un; máis marmelo ou máis queixo.
Entón para proceder a elo necesitamos:

Masa follada
Queixo fresco
Marmelo (de calidade)
1 ovo
Azucre glas

Poñemos a prequecer o forno a 200º.
Estiramos a masa follada e cortamos tiras de un cm. (aprox) de ancho.
Imos envolvendo as tiras nos tubos de facer as canas, pintamos con ovo e introducimos no forno, nun papel de forno uns 20 ou 25 minutos. Deixamos arrefriar e sacamos dos tubos.
Mentres se fan as canas chafamos o marmelo cun garfo ate conseguir un crema suave, que imos a mesturar co queixo fresco. Obteremos unha pasta homoxenea que gardaremos nunha manga pasteleira na neveira.
Co fin de que non se nos humedeza o follado, encheremos as canas pouco antes de levar á mesa.
Unha rica sobremesa que espolvorearemos con azucre glas e, que ademais, resulta moi sinxela.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es