Ir al contenido principal

Torradas

Ir á receita en castelán

Esta entrada xa tiña que estar feita hai algún tempo, pero por unha cousa ou outra foi quedando. Podo tardar pero sempre fago o que teño pendente.
Dende que o meu bo amigo e ourensá de pro, Alfonso López, de Recetas de Rechupete, me fixo chegar a casa o seu libro de Postres de Rechupete, quería facer unha das receitas do seu libro a modo de agradecemento.
Por fin chegou o día e a receita escollida, xa que estamos case no tempo, foi a das torradas.
Abandono a miña receita de Torradas de café con xelado de vainilla, pola máis tradicional de Alfonso.
Alfonso permíteme unha licencia, non usei viño de Porto por non telo, cambieino por Pedro Ximénez.
Entón para esta receita de Alfonso, precisaremos:

1 barra de pan do día anterior
1 litro de leite enteira
1 rama de canela
Canela en po
4 ovos 
1 vaina de vainilla
1 cascara de limón
100 ml de viño de Porto
Azucre
Aceite de oliva

Quentamos a leite a lume media ata que chegue a punto de ebulición, neste momento apartamos do lume e engadimos as sementes da vainilla, a pel do limón (evitar que leve a parte branca para que non de amargor) e unha rama de canela. Deixamos que infusione ata que estea practicamente fría.
Vertemos a leite nun recipiente, axeitado para remollar as torradas, e engadimos o Viño de Porto. Batemos para mesturar os líquidos.
Batemos os ovos e engadimos un par de culleradas da mestura da leite. Volvemos a bater.
Imos poñendo as torrada na infusión de leite, procurando que se empapen ben, pero que non chorreen.
Pasamos as torradas polo ovo batido, escoamos o exceso de ovo e fritimos polos dous lados no aceite que xa teremos quente.
Segundo as imos retirando, pasámolas a un prato con papel de cociña, para eliminar o exceso de graxa.
Nun prato mesturamos azucre e canela en po, nunha proporción de dúas culleradas de canela por 100 grs de azucre.
Pasamos as torradas pola mestura de canela e azucre e deixámolas arrefriar.
Veremos que ese "rebozado" no azucre e a canela, vailles a proporcionar un lixeiro xarope.
Deliciosa receita de Semana Santa a que nos brinda Alfonso López no seu libro Postres de Rechupete.
Grazas Alfonso.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es