Ir al contenido principal

Croquetas de bacallau ó estilo de Portugal

Ir á receita en castelán

Como xa comentei na entrada anterior, estamos en tempo de Coresma, e o bacallau está en moitas casas os venres de este tempo, bacallau preparado de mil e unha maneiras.
Unha delas é este saboroso entrante que fan os noso amigos portugueses, que se o combinamos cun par de ovos fritidos e unhas patacas e un prebe de tomate, pasa de entrante a prato principal. Preparado o bacallau desta maneira é forma de que os máis cativos da casa vaian entrando no seu sabor.
Pois ben, para comenzar a facer estas croquetas, necesitaremos:

400 grs de bacallau desalgado
350 grs de patacas
2 dentes de allo
Pirixel
20 grs de piñóns
Ovos
Aceite
Pementa
Sal
Pementón agridoce
Fariña
Pan relado

Despois de desalgado o bacallau retiramos a pel, as espiñas e desmiuzamos.
Cocemos as patacas con pel e cando estean atemperadas, pelamos e chafamos cun garfo.
Picamos finos os allos e o pirixel (este en cantidade o noso gusto). Douramos os piñóns nunha tixola cunha gota de aceite.
Unha vez que temos todos os elementos, mesturamos nun bol e engadimos pementa, sal e o pementón agridoce. Amasamos ben e deixamos repousar uns 15 minutos.
Batemos un par de ovos e por outra banda mesturamos a fariña e o pan relado.
Imos facendo as croquetas cas mans húmidas e pasamos pola mestura de pan relado e fariña, por ovo e novamente pola mestura de pan relado e fariña.
Quentamos aceite na tixola e imos facendo en pequenas tandas ata que teñan unha bonita cor dourada.
Deixamos escoar nun prato con papel absorbente e servimos quentes.
O dito ó principio estas croquetas con ovos e patacas fritidas, fan un rico prato de vixilia.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es