Ir al contenido principal

Fettuccini á carbonara e fettuccini crocante ó pesto #panepasta

Fai uns días, máis de duas semanas, tiven a sorte de asistir a un taller de pasta impartido por Anna Mayer do blog Panepanna e organizado por Rubén Amorín do blog Ni mata ni engorda. A cousa podería morrer aí sen máis transcendencia, pero é que non soamente aprendemos a preparar determinadas receitas, aprendemos matices, aprendemos por que unha pasta ten una forma e non outra, que as texturas son moi importantes e a miña gran sorpresa: a carbonara non leva tona e a boloñesa non leva tomate. Aprendín o importante que é la elección do queixo e os "tempos" que se van marcando. Aprendín que a preparación da boloñesa é todo un proceso lento, de absorción de sabores e de paciencia, claro o resultado é o que é.
Anna no soamente nos aportou coñecementos sobre a pasta, no, eu creo que foi máis alá e tratou de inculcarnos toda unha filosofía; e o fixo con paixón. Grazas Anna e xa estou esperando o do risotto. Deixo unha pequena presentación de fotos do taller.
Como consecuencia do taller, a una compoñente do #comandovigo pesou que poderiamos facer entre todos los blogueiros asistentes un pequeno concurso sobre o aprendido. O apoio á idea foi instantáneo e puxémonos mans á obra.
Direi que o premio do concurso, é o estupendo libro que remata de sacar Carmen Albo, de entre outras cousas autora do blog Guisándome la vida, "Adelgaza sin hambre y con humor, con mis recetas proteicas". Os que me coñecedes fisicamente, non sei cando, pero vouno probar. Deixo enlaces de comentarios feitos ó libro de Carmen como o de Travi en la cocina, o de Rocio cocina de mi abuelo, a referencia na revista BenBo, etc.
Indícovos os blogs exinas dos que intervimos neste simpático concurso:
Carmen Albo de  http://www.guisandomelavida.com/
Mercedes Blanco http://laprendizdechef.blogspot.com.es/
José López http://cocinaykuchnia.blogspot.com.es/
Xoxé M. Ramos http://www.laconada.com/ 

María Fernández http://mariatesouro.blogspot.com.es/
Manuel Babarro http://cervexeando.blogspot.com.es/
Laura Eiriz http://www.lacocinademezquita.com/
José L. Oliveira http://boproveito.blogspot.com.es/
Rubén Amorín http://www.nimataniengorda.com/

Marta Valcarce http://travienlacocina.com/
Xurado:
Jorge Guitián http://gourmetymerlin.blogspot.com.es/
Anna Mayer http://panepanna.wordpress.com/


Pois posto man á obra, direi que do pesto e da carbonara, no cambiei nin unha coma do dito por Anna. o que si cambiei foi o tipo de pasta e me permitín un pequeno "divertimento", sei que Anna perdoará a miña osadía.
Entón imos a necesitar:

PARA A PASTA
Fettuccini de cores
Auga e sal
PARA A CARBONARA
200 g de touciño en dados
2 ovos e 1 xema
80 g de queixo pecorino (o parmigiano) relado
Aceite de oliva
Sal e pementa negra moída ó momento

PARA O PESTO
40 g de piñóns
10 g de noces
3 dentes de allo, pelados
250 ml de aceite de oliva virxe extra
Un manoxo de alfábega (40 g,)
60 g de parmigiano relado (ou, si se ten, 30 g de parmigiano y 30 g de pecorino)
Sal y pementa negra

Para preparar a carbonara sofritimos o touciño sen aceite.
Cocemos a pasta en auga con sal o tempo que nos indique o fabricante.
Batemos os ovos, a xema e engadimos o queixo relado. Rectificamos de sal.
Escorregamos a pasta e inmediatamente pasamos á tixola onde temos o touciño, e engadimos un pouco de aceite e unha ou dúas culleradas de auga da cocción.
Incorporamos o conxunto os ovos e o queixo. Servimos inmediatamente.

Para o "divertimento" preparo un pesto da seguinte maneira:
Tostamos os piñóns e as noces a lume brando.
No vaso para triturar poñemos o allo, un pouco de aceite, algunhas follas de alfábega e algúns piñóns e noces. Trituramos. Engadimos o resto dos ingredientes e rematamos de triturar.
Poñemos a masa resultante en un bol e engadimos o queixo, sal e un pouco de pementa.
Incorporamos aceite removendo a masa, pero non debe de quedar aceitosa.
Da cocción da pasta reservei unha pouca que escorreguei ben y puxen nun pano de algodón para secala ben.
Quentamos aceite  nunha tixola e poñemos na mesma un molde. Cando o aceite este quente poñemos no interior do molde unha porción de pasta y deixamos que se frita (baixaremos un pouco a temperatura), cando estea frita retiramos o molde e damos a volta para que se faga polo outro lado. Retiramos do aceite e pasamos polo pesto.
Sorprendemos ó comensal con un rico crocante de pasta.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito