Ir al contenido principal

Ensalada de polo e froitos secos

Ir a receita en castelán

Xa levamos pasado medio mes dende que remataron as festas e aínda seguen a facer falta pratos lixeiros.
Este é unha ensalada. Vos creedes que existen ensaladas de inverno? Ou a este tipo de ensaladas deberíamos de chamarlle temperadas?
Sexa como sexa esta xa foi historia e para elo necesitei:

2 cogollos
2 peitugas de polo
6 culleradas de aceite
1 cullerada de vinagre
1/2 cullriña de mostaza de Dijón
Noces peladas
Piñóns
Sal Maldón e pementa negra

Salteamos os piñóns nunha tixola manchada de aceite. Reservamos.
Separamos as follas dos cogollos, lavamos e pasamos pola centrifugadora para eliminar a auga. Partimos, en anacos de bocado, e facemos unha base con elas na fonte de servizo. Salgamos ca sal en escamas.
Botamos por riba de esta base as noces groseiramente partidas.
Facemos unha vinagreta co aceite, o vinagre, a mostaza, pementa negra e sal. Aconsello diluír ben a sal no vinagre antes de incorporar o aceite. Batemos para emulsionar e reservamos.
Salpimentamos as peitugas e pincelamos con aceite. Nunha prancha ou tixola quente pasamos as peitugas polas dúas partes. Ollo que non se pasen para que queden zumarentas.
Cortamos as peitugas en tiras e poñemos por riba da ensalada. Incorporamos os piñóns reservados e salseamos ca vinagreta.
Servir de seguido sen que a peituga perda toda o sua calor.
Se non vos gusta o vinagre nin a mostaza, usade o zume de medio limón.
Vai ben para alixeirar o corpo despois dos excesos.