domingo, 27 de enero de 2013

Bica branca de Laza

Ir a receita en castelán

Como xa comentábamos estes días atrás, O Entroido xa empeza a estar presente en todos os recunchos, na gastronomía sobre todo.
O outro día puxen a receita das orellas e hoxe a de unha bica que ten denominación de onde O Entroido se perde na historia e se celebra con auténtica paixón. Ese lugar non é outro que Laza, un dos ángulos do triángulo máxico de O Entroido: Xinzo de Limia, Verín e Laza.
Despois de ver receitas que non me convenceron e que me saíron mal, topei con esta que ven da mao de Loly LLano de o blog O garfelo, que a súa vez ven de outro amigo Manuel Babarro de o blog Cervexeando.
Para empezar necesitamos os seguintes ingredientes:

8 claras de ovo
350 gr. de fariña

350 ml. de tona para montar

435 gr. de azucra

Manteiga para untar
Comenzamos montando as claras de ovo a punto de neve forte, incorporando o azucre sen deixar de bater.
Á mestura anterior imos incorporando pouco a pouco a fariña, que previamente temos peneirada, é moi importante que as claras non se baixen.
Montamos a tona e incorporamos con unha culler de madeira ou espátula con movementos envolventes, sendo tamén moi importante o tema das claras.
Queda unha masa branca e compacta.
Unha vez conseguida unha mestura homoxénea, untamos un papel de forno ca manteiga e poñemos este nun recipiente axeitado para ir o forno.
Vertemos a mestura e espolvoreamos con azucre por riba, para que nos forme esa costra típica. 
Levamos o forno prequecido a 180º entre  35 e 40 minutos (orientativo) e imos vendo a cor que toma. Pinchamos para ver o seu estado por dentro. Si se cuartea a costra superior entra dentro do normal.
Deixamos arrefriar sobre unha reixa. Non é necesario consumila toda no día, pero case sempre se termina toda no día.
Presentamos en anacos e cunha boa copa de licor café. 
¡¡¡Comamos coma galegos!!!