Ir al contenido principal

Luras guisadas

Ir a receita en castelán

Que tal, outra semana máis por aquí. Hoxe imos a volver de novo con luras, xa fixen outra entrada con elas, pero aquí introducín un prebe de marisco. Fíxeno por dúas razóns: unha potenciar un pouco o sabor, pois as luras non eran da ría, e a outra por aproveitar as cabezas e peladuras de uns langostinos que tiña para outra preparación.


Necesitaremos para a preparación de 4 pax, o seguinte:


1,200 kgs de luras
1 cenoria
1 porro
2 cebolas medianas
2 dentes de allo
1/2 pemento verde
1 vaso de viño branco
Prebe de tomate
Prebe de marisco (ou caldo de peixe)
Sal, aceite e pementa


Unha preparación rápida.
Cando mercamos as luras pedímoslle a nosa pescantina que nos las limpe (un traballo que nos aforramos). Picamos as verduras e poñemos a lume brando e deixamos facer lentamente.
Mentres se fan as verduras, cortamos as luras, ben en rodelas ou en anacos, coma máis gostedes.
Unha vez as verduras no seu punto, engadimos as luras e refogamos todo xunto deixando que se mesturen ben os sabores.
Botamos o viño branco e deixamos reducir o alcohol. A continuación agregamos o prebe de tomate, damos unhas voltas e prebe de marisco. Se fose necesario engádese unha pouca auga. A auga nunca estraga un bo prebe.
Deixar facer ata que as luras estean tenras.
Mentres se fan podemos preparar unha guarnición con arroz ou patacas. Eu escollín o arroz.
Preparei unhas coroas individuais e no medio enchinas cas luras guisadas.
Para o pouco traballo que da, o resultado é fantástico.